viernes, 24 de octubre de 2008

fariña

Fariña.-fariña

< lat farīna
port: farinha cast: harina ingl: flour

1 ALIM
1 s f Pos que se obteñen despois de moer os grans dos cereais, principalmente o trigo, o centeo e o millo, e que ten como compoñentes principais o amidón e o glute.
2 fariña centea Fariña de centeo.
3 fariña integral Fariña á que non se lle quita o farelo.
4 fariña milla Fariña de millo.
5 fariña triga Fariña de trigo.

2
1 s f Po ao que quedan reducidas algunhas materias sólidas.
2 fariña de liño MED Pos, obtidos das sementes do liño, que se empregan en medicina para a elaboración de emplastos.
3 fariña de peixe Alimento para o gando que se obtén de esfaragullar peixes previamente desecados.
4 fariña glaciaria XEOL Material morénico de textura fina que se orixina pola forte fricción que xera o paso do glaciar.

3
1 s f Pos que se obteñen por diferentes métodos.
2 fariña láctea ALIM Mestura de fariña de cereais ou de legumes transformada parcialmente en maltosa e dextrina que se emprega en dietética infantil como alimento de tránsito entre a lactancia e a alimentación integral.

4 s f col Droga, especialmente de baixa calidade.

1 comentario:

Ramón dijo...

Bo traballo. Ansío saber tódalas particularidade de cada traballo, labor, ... do meu lughar.

Incluso os nomes, xeitos de falar, historias materiais, e inmateriais, ...,

Quixera que non se me escapara nada, e abarcar todo.

Un saúdo polo teu post concreto, pero cheo de significado fundamental.