sábado, 25 de octubre de 2008

MINIBAR

O minibar no diccionario:

Minibar
< mini- + bar
port: minibar cast: minibar ingl: minibar
s m Neveira pequena con bebidas instalada nos cuartos dos hoteis.


A polémica vén a conto porque a real oposición ao bipartito da Xunta de Galiza (o PP)acaba de lle recriminar ao vicepresidente Quintana que se faga acompañar, no coche oficial, dun opíparo minibar, que logo resulta ser unha simple neveira de super (15 euros) para manter en boas condicións os bocadillos.

Nos parlamentos, ás veces, a imaxinación tamén dispara con munición de carga oca.

No hay comentarios: