miércoles, 19 de noviembre de 2008

A DESVERGOÑA "HISTÉ/Ó/RICA".

______________________

Respostando a un remitente por un correo de propaganda facha contra a LEI DE MEMORIA HISTÓRICA e contra Santiago Carrillo, supostamente implicado (e/ou responsable) na morte de miles de franquistas e doutra outras falcatruadas de mal tono. Texto en boca dun enterrador literato de PARACUELLOS DEL JARAMA(?). Unha xoia da falsidade, a pouco que un repare na forma e no fondo do devandito documento:

- Nada é imposible e non se debe pór a man por ninguén; sen embargo, o texto que sometes á miña consideración - e que eu coñezo desde hai tempo por mo ter mandado noutra ocasión o amigo Marcelo - fáltalle ao respecto ao animal racional que me soporta. Eu convídote a que o analices, non acelerado, senón en punto morto. O contador desta macabra historia (con trasfodo, certamente, real) imita ao narrador omnisciente notario fiel de tódalas batallas habidas e por haber; porque el sabe todo e sempre está oportuno onde as cousas suceden, ata nos pensamentos. O oficio de enterrador, do que se reclama para lle prestar maior verosimilitude ao invento, eu creo que se lle volve en contra. Aquí escribe un impostor lector de libros e rumores.

A min non me parecería mal que Garzón (ou calquera outro xuíz) investigase aquilo que os coarenta anos de franquismo non foron quen de rematar en virtude da caridade cristiá e do perdón que, de principio a final da súa existencia, a historia máis imparcial xustamente lle recoñece. Como é natural, estou a falar do sistema, pois respecto ás persoas que merecen respecto.

Os saúdos cordiais, despois do espiche, non fallan.

Apertas.
Publicado por RIODERRADEIRO en 14:14

_________________

No hay comentarios: