jueves, 4 de diciembre de 2008

O CANTOR DO CEO.

Por Manoel da Roura.
________________

Na costa do convento, antre os outeiros
que coroan o verde matorral,
un santuario para uso persoal
fabricou Manoeliño de Piñeiros.

Naquel cenobio, de pedra construído,
rodeado de santas e santiños,
de niños xesuses, albos anxeliños,
foxe Manoel do mundanal ruído.

Alí está o home a toda hora,
diante dun crucifixo ensanguentado,
alí bica corenta veces o sobrado,
alí fai penitencia, reza e chora.

Alí queda a salvo tras do muro
que o libra,¡Señor!, de todo mal;
alí está o Manoel anxelical,
alí está o Manoel virxen e puro.

E ¡que ben canta, Deus Sacramentado!
cando lle mete o canto gregoriano,
¡porque eso sí que non!, canto profano
non canta Manoel, porque é pecado.

Unha vez que o fixo, equivocouse,
porque a voz levantouno canto pudo
pero ao chegar ao tono máis agudo,
escordóuselle a noz e asfixiouse.

Contan por aí que tras da porta
onde o cadáver de Manoel xacía,
o canto, machacón, permanecía
como si aquela voz non estivese morta.

Alá arriba no ceo, na lonxanía,
co halo na cabeza, alas no lombo,
unha lira na man, camisón longo,
canta San Manoel a letanía.

E dalle tan bó xeito, tan ben canta
os cantos que de neno deprendera,
que cantando parece que tivera
un xílgharo metido na garganta.

Cando nas noites de luar caladas
óese cantar ao moucho nun penedo,
non hai motivo para temblar de medo
porque aí non hai moucho nin hai nada.

Os murmullos que escoitas, camiñante,
e que poñen en tensión a túa mente,
veñen do Manoel que, alegremente,
anda cantando polo ceo adiante.

No hay comentarios: